jueves, 23 de abril de 2015

REFLEXIÓNS SOBRE O CURSO CREACIÓN DE AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE

O Curso CREACION DE AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE    está a punto de rematar e teño que recoñecer que pese as reticencias de primeira hora, a experiencia foi totalmente positiva.
Era a segunda vez que me achegaba a istos temas, a primeira vez era dun xeito máis teórico e desde o punto de vista de axudar a desenvolver ples para os alumnos.Porén neste curso aprendín a como crear o meu propio PLE ou PLN.




Coñecín novas ferramentas e experimentei con outras buscando á sua aplicación as miñas necesidades.
Descoñecía Diigo, e a verdade é que me resultou, ao primeiro, algo complicado traballar con ela, anque ten a ventaxa de seguir e coñecer a blogs e artigos interesantísmos e ter todo este material ben organizado.
Resultarónme moi interesantes Pinterest e a Wiki e creo que lles vou sacar moite proveito.
Pinterest é moi atractiva para ver e seguir tableiros de temas variados.
O curso foi moi práctico, cousa que se agradece, e as tarefas foron variadas e todas elas dedicadas a dar utilidade ao noso traballo.
As wikis resultan proveitosas para o traballo en conxunto e de xeito colaborativo con outros compañeiros.
Resalto o que máis me gustou do curso, que foi coñecer compañeiros dispostos a axudar e compartir....

Ata outra


viernes, 10 de abril de 2015

A curación de Contidos


       

A CURACIÓN DE CONTIDOS NAS AULAS


Investigar é unha das mellores maneiras de aprender.




Hoxe en día atopar información,contidos ou imaxes sobre calquer tema de estudo ou que nos interesa, é unha tarefa fácil.O difícil aparece cando queremos seleccionar, filtrar,organizar,almacenar e difundir de xeito ordenado todo o material que nos interesa e imos atopando.


A curación de contidos é un proceso, dirixido por unha persoa cun criterio propio, que nos permite atopar, filtrar, elaborar e compartir información , sobre unha temática específica con medios dixitais e con valor para unha audiencia específica
.


Para levar a cabo este proceso podemos utilizar ferramentas diferentes para cada unha das fases.


Os marcadores como Diigo ou Evernote, favorecen o almacenaxe e clasificación da información.O filtrado da mesma pódese ver favorecido grazas á suscripción a determinadas listas. Para a elaboración e posta en común e incluso mellora dos materiais, podemos utilizar Pinterest, Symbaloo ou Flipborad.

Dentro da aula o docentepode  actúar como un curador de contidos, traballando a información que os alumnos achegan sobre un tema específico no que se este traballando, facendo que esta sexa importante, completa, e de valor para os alumnos, así como compartindo logo este traballo cas demaís persoas interesadas nel.

Achego os enlaces aos blogs de dúas persoas que foron as que me ensinaron o que sei sobre curación de contidos.

Totemguard é un blog da profesora Marixell Viñas, que entende e explica moi ben  todo o relativo a temas de educación e Tics. 


Carlos López Ardao é un docente da Universidade de Vigo que domina ampliamente Tics, educación, redes educativas e o comparte con todos nos......grazas


miércoles, 25 de marzo de 2015

Empecei a utilizar DIIGO, aquí teño un enlace a el.
https://www.diigo.com/user/sistallo8

jueves, 26 de febrero de 2015

De todo un pouco


Aínda que as veces pensamos que na vida todo é importante, as nosas conversa cos amigos e compañeiros acaban sempre tratando dos mesmos temas.Se somos docentes, o ensino, os rapaces, os recortes,as avaliacións son o camiño gastado das nosas conversas, dentro do centro.
Cando saímos fora, compartimos cas nosas parellas e fillos outros intereses, que por comúns, acostuman a ser tamén recorrentes abondo. Cos nosos amigos e coñecidos, dependendo do contorno no que nos atopemos, son frecuentes os cambios de opinións sobre a actualidade, os deportes, a peli que vimos,o tempo, as vacacións etc. Deixamos para o noso núcleo máis íntimo, os pensamentos sobre o devir da vida, as nosas carencias, temores, pesares e esperanzas.
Sin embargo, con pouca xente podemos compartir a delicia de erguernos pola mañá, tan cedo que aínda é noite estrelada, e sentir en pleno mes de Febreiro os paxaros cantar xa á primavera, porque eles chéirana, vena, saben que está aí, por moito que chova toda a mañá e toda a tarde e andemos abrigados e de malos fumes polo frío.Por que eles están ledos?.Porque teñen a esperanza e a convicción que lle da a sabedoría da vida, que levan nos seus xenes, na súa especie e que comparten en canto abre o día con todos nos.
Agardo e fago promesas, de que as entradas e novas deste blog, sexan un totorevolutum de todo o anterior, pero sobre todo, un piar cantareiro e de esperanza en cada nova entrada.


Déixovos hoxe cunha canción Fuxan os ventos, con letra de Manuel María, aora que empezamos a sementeira de novas inquedanzas

GRECIA UN PULSO AO EUROGRUPO?


Neste enlace, GRECIA  podedes ver un artigo de economía  donde Economistas contra la crisis fan unha análise da negociación que o goberno de Syriza co seu ministro Vaurufakis ao frene,  están a levar a cabo cos ministros do resto dos gobernos da Eurozona,  co Ministro Alemán  e as súas políticas ao frente.