jueves, 26 de febrero de 2015

De todo un pouco


Aínda que as veces pensamos que na vida todo é importante, as nosas conversa cos amigos e compañeiros acaban sempre tratando dos mesmos temas.Se somos docentes, o ensino, os rapaces, os recortes,as avaliacións son o camiño gastado das nosas conversas, dentro do centro.
Cando saímos fora, compartimos cas nosas parellas e fillos outros intereses, que por comúns, acostuman a ser tamén recorrentes abondo. Cos nosos amigos e coñecidos, dependendo do contorno no que nos atopemos, son frecuentes os cambios de opinións sobre a actualidade, os deportes, a peli que vimos,o tempo, as vacacións etc. Deixamos para o noso núcleo máis íntimo, os pensamentos sobre o devir da vida, as nosas carencias, temores, pesares e esperanzas.
Sin embargo, con pouca xente podemos compartir a delicia de erguernos pola mañá, tan cedo que aínda é noite estrelada, e sentir en pleno mes de Febreiro os paxaros cantar xa á primavera, porque eles chéirana, vena, saben que está aí, por moito que chova toda a mañá e toda a tarde e andemos abrigados e de malos fumes polo frío.Por que eles están ledos?.Porque teñen a esperanza e a convicción que lle da a sabedoría da vida, que levan nos seus xenes, na súa especie e que comparten en canto abre o día con todos nos.
Agardo e fago promesas, de que as entradas e novas deste blog, sexan un totorevolutum de todo o anterior, pero sobre todo, un piar cantareiro e de esperanza en cada nova entrada.


Déixovos hoxe cunha canción Fuxan os ventos, con letra de Manuel María, aora que empezamos a sementeira de novas inquedanzas

No hay comentarios:

Publicar un comentario